10 abril 2022

arancha nogueira / a casa estralou

 
 
a casa estralou
mil cores azuis.
e agora os cachiños como pedazos de metacrilato
ou um universo roto.
 
ti descansabas nalguns recunchos
como a cociña
ou unha cadeira vella que conserva o cheiro.
 
as lâmpadas están acesas
as miñas mans, espidas.
 
 
 
arancha nogueira
o único lugar onde ficar inmóbil
editora urutau
2018




 

Sem comentários: