Mostrar mensagens com a etiqueta marcus daniel cabada. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta marcus daniel cabada. Mostrar todas as mensagens

22 setembro 2019

marcus daniel cabada / a ninguén



Que limite puidera atesourarche a lin-
guaxe? A que vasta persinaxe enlearias o
silencio da nostalxia? Que fronteira cara
o roce imporias como soño inalcanzable?
Que imaxe abaterias tras fenecer na ou-
sadia doutro espello? Que assumirias do
universo se unha ausência non varrese
todo o que no tempo xa te abarca?



marcus daniel cabada
un xardín de medio lado
17 poetas da urutau na galiza
antoloxia
urutau
2019